DONICELAS

O grupo folck “Donicelas” comeza sendo unha actividade escolar como tantas outras, na que un grupo de rapazas do C.P. Altamira de Salceda de Caselas amosa o seu interese polo mundo da música galega.

Así comeza a súa andaina polos distintos pobos de Galicia, tentando dar a coñecer algo máis da cultura galega. Esta viaxe lévaas en máis de unha ocasión ós Estudios de TVE en Galicia ou da TVG.

Pero a meirande parte das súas actuacións teñen lugar en festas tradicionais, colexios, institutos en centos culturais de Salceda e arredores (Vigo, A Garda, Porriño, ….). Cabe destacalas actuacións realizadas nas festas de San Froilán (Lugo), en Guitiriz (Lugo) ou no pub Miudiño (Ourense). Así mesmo, o grupo estivo xa presente en máis de unha ocasión no páis veciño, Portugal, para levar a súa música a diversos actos celebrados en Vilanova de Cerdeira.

Na primavera de 1996 participan na gravación do disco “Obrigado” dos gaiteiros Treixadura, interpretando con eles a Muiñeira de Oliveira. Dende entón créase un grande lazo de amizade entre os dous grupos, que os leva a facer varias actuacións conxuntas por toda Galicia, chegando incluso ata Villafranca do Bierzo, na provicincia de León ou, de novo, a Portugal.

No ano 1997 prodúcese o primeiro cambio na formación. Abandona o grupo Tania Pérez e incorpórase Andrea Rodríguez.

Na primavera de 1999 chega a oportunidade de ter a súa segunda experiencia discográfica, ó colaborar en dous dos temas recollidos no disco “Feitizo” do grupo Na Lúa.

No ano 2002 unha nova incorporación únese a Donicelas, trátase de Rosa González..

Leave a reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

cuatro × 2 =