Discografía
«Que nunca foi abalada» é o primeiro traballo discográfico de Donicelas. É unha producción dirixida e realizada por César Longa (compoñente do grupo Treixadura) para Edisco. Gravado en Edisco (A Estrada) entre setembro de 2004 e marzo de 2005, con Fernando Campos como técnico de són, quen foi o encargado das mesturas do disco xunto con César Longa.
Nél recóllense temas xa tradicionais do grupo, así coma outros de recente incorporación, para os que contan con numerosas colaboracións:
Gaiteiros Treixadura – Orfeón Treixadura – César Longa – Magoia Bodega e Paulo Nogueira – Tino Baz
Aínda que non participaron no disco, a xente de Barro de Arén (Cerdedo) están tamén directamente implicadas no traballo, xa que foron quenes lle ensinaron a Donicelas o Balón, a Muiñeira de Barro de Arén e a Xota de Bouzana.