Seleccionar página

O grupo folck «Donicelas» comeza sendo unha actividade escolar como tantas outras, na que un grupo de rapazas do C.P. Altamira de Salceda de Caselas amosa o seu interese polo mundo da música galega.

Así comeza a súa andaina polos distintos pobos de Galicia, tentando dar a coñecer algo máis da cultura galega. Esta viaxe lévaas en máis de unha ocasión ós Estudios de TVE en Galicia ou da TVG.

Pero a meirande parte das súas actuacións teñen lugar en festas tradicionais, colexios, institutos en centos culturais de Salceda e arredores (Vigo, A Garda, Porriño, ….). Cabe destacalas actuacións realizadas nas festas de San Froilán (Lugo), en Guitiriz (Lugo) ou no pub Miudiño (Ourense). Así mesmo, o grupo estivo xa presente en máis de unha ocasión no páis veciño, Portugal, para levar a súa música a diversos actos celebrados en Vilanova de Cerdeira.

Na primavera de 1996 participan na gravación do disco «Obrigado» dos gaiteiros Treixadura, interpretando con eles a Muiñeira de Oliveira. Dende entón créase un grande lazo de amizade entre os dous grupos, que os leva a facer varias actuacións conxuntas por toda Galicia, chegando incluso ata Villafranca do Bierzo, na provicincia de León ou, de novo, a Portugal.

No ano 1997 prodúcese o primeiro cambio na formación. Abandona o grupo Tania Pérez e incorpórase Andrea Rodríguez.

Na primavera de 1999 chega a oportunidade de ter a súa segunda experiencia discográfica, ó colaborar en dous dos temas recollidos no disco «Feitizo» do grupo Na Lúa.

No ano 2002 unha nova incorporación únese a Donicelas, trátase de Rosa González..

Donicelas
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.