Biografía

biografía grupo tradicional Galicia

A historia musical de Donicelas comeza, como tantas outras, nunha actividade escolar. Falamos do ano 1992, no C.E.P. Altamira de Salceda de Caselas e de Antón López, mestre do colexio nese momento. O grupo dos xoves, formado maioritariamente polo xénero feminino, mostra interese pola tradición musical galega e mantén un son característico baseado nas voces, a percusión tradicional e a recuperación de repertorios de distintas comarcas do sur de Galicia.

As inquedanzas van medrado e no ano 1996 chega a primeira experiencia de gravación, colaborando con Treixadura no seu primeiro disco “Obrigado”. En 1999 participan na gravación de “Feitizo” do grupo Na Lúa. Tamén se atreven con outros estilos musicais, participando con Eladio y los seres queridos en 2017 e Gravesen en 2021.

En 2005, despois de moito traballo e entrega á música, cumpren o seu soño e baixo o título “Que nunca foi abalada” editan o seu ansiado primeiro disco, no que contan coas colaboracións de Treixadura e Tino Baz.

Dez anos despois sacan ao mercado o seu segundo traballo discográfico: “Donicelas”. Nesta ocasión contan coa participación de artistas amigos como Xulio Lorenzo, Uxía Senlle, Paulo Nogueira, Miriam González ou Isaac Millán, quen tamén estivo aos mandos do estudio de gravación. Tamén convidaron a anteriores integrantes como X.M. López Sanromán, Isa Troncoso, Tere Pérez ou Olaia Rodríguez; que quixeron deixar a súa pegada neste traballo.

No ano 2025 o grupo presentou o seu último traballo “A nena do pelo loiro”, que chegou acompañado dun cambio de vestiario levado a cabo pola deseñadora salcedense Noelia Nogueiras. O título do disco vén dado por unha das pezas máis persoais do disco, composta por Bea Pérez en Salceda de Caselas nunha actividade do colexio Altamira. A canción recolle unha historia íntima, case luminosa, que mestura inocencia, memoria e tradición. As voces das pequenas colaboradoras -Leire, Ainara, Xiana e Aldara- engaden unha dimensión emotiva que reforza a esencia do tema e conecta directamente coa historia de Donicelas. A idade das pequenas colaboradoras é similar a Donicelas no seus comezos e a canción serve de homenaxe ao Colexio Altamira e aos mestres que, día a día, co seu bo facer ensinan as nosas tradicións, músicas populares e idioma.

Actualmente o grupo Donicelas está formado por Noelia Martínez, Bea Pérez, Andrea Rodríguez, Rosa González, Víctor González, Xesús Díaz e Víctor Fernández. Noelia e Bea levan no grupo dende a súa fundación.

Localización

Salceda de Caselas

Teléfono

+34 699 72 16 56

Correo electrónico
Donicelas
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.